A APLU (Axencia de Protección da legalidade Urbanística) convocou unha xornada de formación (a celebrar no Gaiás) sobre os efectos que ten para Galiza a nova Lei de Costas.

Desde a CIG lle manifestamos á Consellaría de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio (da que depende a APLU) o noso mais absoluto desacordo e estupor ante o feito de que as empregadas e empregados públicos que tiveren interese e/ou necesidade de participación na actividade formativa tiveran que facer o aboamento de 20 euros de matrícula.

Cremos que a propia consellaría estará de acordo en que a formación no cadro normativo que introduce a polémica nova lei, en materia de protección de costas, debe ser ben coñecido por parte das empregadas e empregados públicos que poidan precisalo no seu traballo profesional. De aí o absurdo de que lle for reclamado o aboamento da matrícula.

A día de hoxe descoñecemos, e descoñecen as traballadoras e traballadores da Consellaria, que estexa previsto que a Consellaria e a APLU teñan programado a realización de un programa formativo interno do seu persoal á luz da nova legalidade en materia de costas.

Desde a CIG reclamamos que todas as empregadas e empregados públicos poidan aceder a actividade formativa gratuita no seu eido de desenvolvemento profesional, e alén diso, que a todas as persosl que efectuaran o pagamento se proceda a ditar as ordes de devolución das cantidades ingresadas.