No DOG do 07/10/2013 publicase unha mricro-convocatoria de cursos de idiomas (alemán e francés) dirixidos ao persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma galega.

Trátase da convocatoria dun curso de alemán de 70h en modalidade de teleformación e dous cursos de francés (básico e intermedio) de 50h cada un. Hai 200 prazas no de alemán e 40 prazas en cada un dos cursos de francés divididas en dúas edicións presenciais en Compostela de 20 prazas cada unha. Os cursos comezarían a finais deste mes e extenderíanse ata decembro.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG. Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.