Novas por contido

O DOG do 22/10/09 publica a Resolución do 19 de outubro de 2009 pola que se convocan cursos para o persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e da Administración autonómica da Xunta de Galicia.

Cursos:

.- CURSO SOBRE NORMATIVA, CRITERIOS E TÉCNICAS DE REHABILITACIÓN

     . dirixido a arquitectos e arquitectos técnicos
     . 2 edicións: Coruña ( 12 e 19 de novembro) e Vigo ( 18 e 25 de novembro).
     . 16 horas por edición
     . Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
     . Prazas: 25 por edición

.- CURSO DE XESTION DO TURISMO NAS ADMINISTRACIONS PUBLICAS

     . Dirixido a funcionarios A1, A2 e C1 e persoal laboral  equivalente.
     . 2 edicions: Santiago ( 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro) e Pontevedra ( 9, 10, 11, 16 e 17 de novembro)
     . Prazas: 35 por edición


SOLICITUDES:   Telemática na páxina  www.egap.es  ata o 31/10/09 ás 14:00 horas.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...