No DOG do 19/3/2015 publícase unha convocatoria de cursos de idiomas (inglés, francés e portugués) dirixidos ao persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma galega.

Trátase da convocatoria de once cursos presenciais coa seguinte distribución: catro edicións de conversa en inglés de 50 h e 15 prazas por curso, un curso de inglés elemental (A2) de 100 h  e un curso de inglés intermedio (B2) de 100 h. de 20 prazas cada un. En canto á lingua francesa, convocáronse dous cursos presenciais de lingua francesa A1, dous cursos de lingua francesa A2 e un curso de lingua francesa B1-Atención ao público (Intermedio) de 50 h e 20 prazas por curso.

Convocáronse tamén oito cursos na modalidade de teleformación: un curso de lingua francesa A1 de 150 h e 100 prazas, un curso de lingua francesa A2 de 150 h e 50 prazas, un curso de lingua francesa B1 de 150 h e 30 prazas e un curso de lingua francesa B2 de 150 h e 20 prazas. Finalmente, en lingua portuguesa convocáronse un curso de lingua portuguesa A1 de 150 h e 100 prazas, un curso de lingua portuguesa A2 de 150 h e 50 prazas, un curso de lingua portuguesa B1 de 150 h e 30 prazas e un curso de lingua portuguesa B2 de 150 h e 20 prazas. Os cursos comezarían a finais deste mes e extenderíanse ata decembro.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG. Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.