A EGAP ven de publicar na súa web o temario da parte xeral para o grupo C1 - Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia (2016). Puxémonos en contacto telefónicamente coa EGAP e nos informan que NON teñen previsto proporcionar o temario especifico para esta oposición.

A Escola reitera que os temarios por ela facilitados non teñen carácter oficial, polo que en ningún caso vincularán aos opositores ou aos tribunais. En consecuencia deben considerarse instrumentos complementarios que servirán de apoio e axuda como textos de referencia pero nunca de forma exclusiva e excluínte.

A publicación do mesmo na páxina web da Escola faise nas dúas linguas oficiais. A EGAP carece de equipo redactor e supervisor propios en relación aos presentes temarios, motivo polo que non se responsabiliza dos erros puntuais e/ou eventuais faltas de actualización normativa dos que aqueles poidan adoecer.

Podes consultar todos os temarios proporcionados pola EGAP neste enlace.