No DOG do venres 5 de maio de 2017, publícase resolución da EGAP pola que se convocan actividades de formación en convenio de colaboración coas consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Estas actividades van dirixidas ao persoal empregado público dependente das consellerías de Política Social, Sanidade, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e persoal empregado nos servizos sociais comunitarios, vinculado á atención temperá. No caso de quedaren prazas vacantes, poderán participar outros/as profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0-6 anos de idade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas  deberá realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas do 6/5/2017 e ata as 14.00 horas do 20/5/2017.

Nome do Curso Duración Prazas Lugar Datas
CV17014 - Traballar a parentalidade positiva 20 horas 25 Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Madrid, nº 2-4. 26, 27 e 28 de xuño de 2017.
CV17012 - A/o profesional da atencion temperá: o equipo interprofesional e o traballo en rede. 20 horas 25 Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Madrid, nº 2-4. 4, 5 e 6 de setembro de 2017
CV17015 - Programa informático de rexistro de información da rede galega de atención temperá 20 horas 20 Santiago de Compostela, Aula de informática do Edificio Administrativo de San Lázaro. 25, 26 e 27 de setembro de 2017.