No DOG Núm. 163 do Martes, 29 de agosto de 2017, a EGAP publica a convocatoria do curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes con demencias.

O principal obxectivo do curso é favorecer o desenvolvemento de estratexias de comunicación efectiva e afectiva, promovendo unha intervención comunicativa eficaz coas persoas con demencias, a través da integración das técnicas de comunicación emocional. O curso diríxese ao persoal empregado público das administracións públicas galegas, en situación de servizo activo ou asimilada, que se dedique á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais coma en servizos de atención domiciliaria.

O curso, de 15 horas lectivas e 35 prazas, impartirase de xeito presencial na EGAP en Santiago de Compostela os días 25, 26, 27 e 28 de setembro de 2017. O horario será de tarde.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/). O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 18 de setembro de 2017.