O vindeiro venres, 2 de marzo, a CIG-Autonómica convoca dúas asambleas informativas nos edificios administrativos de San Lázaro e San Caetano sobre a folga de mulleres convocada para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. 

Os horarios das asambleas serán os seguintes:     

San Caetano, ás 10:30 no salón de actos nº2 (salón pequeno)

San Lázaro, ás 12:30 no salón de actos da Consellería de Sanidade

Participarán con nós en ditas asambleas as compañeiras Lucía Freire Ces (Secretaria Comarcal de Muller en Compostela) e Carolina Castro Baamonde (Secretaria de Muller da Federación de Administración Pública).