Novas por contido

Nestes últimos días, a CIG foi recibida polos grupos parlamentares de Bng e En Marea , logo que solicitaramos xuntanza para presentar a Pnl de Formación no Spdcif que rexistrada no Parlamento días atrás.

Seguindo a senda das accións iniciadas aló por Febreiro do 2016, cando conseguiramos logo tamén de presentación de Pnl o apoio de tódolos grupos parlamentares para que se incluíra dentro da programación formativa a cualificación profesional  "operacións de vixilancia e extinción e apoio as continxencias do medio natural e rural", vimos agora de rexistrar Pnl (proposición non de lei) para que o Spdcif teña acceso aos módulos formativos que compoñen esta cualificación profesional.

Dende a CIG levamos varios anos explorando tódalas vías para que o Spdcif teña a formación que lle corresponde profesional e legalmente.

Unha vez encadradas na categoría profesional que nos corresponde  -pendentes de modificación da Rpt-, seguimos facendo camiño.

Este camiño ven marcado polo simple seguimento do marco formativo inherente a esta categoría profesional e pola nosa pertenza á familia profesional de seguridade e Medio ambiente e aos servizos de emerxencias.

Todo isto avalado por leis e decretos elaborados polas propia administración - non son invencións da CIG - neste caso do estado, nas que nos afincamos para conseguir un Spdcif máis profesional e polivalente tal e como cremos que debe ser.

Esixirlle a unha administración - neste caso tamén empresa- que cumpra a lei, e algo  por desgraza demasiado habitual , pero xa o asumimos como tal.

No ano 2016, tal e como antes introducimos, conseguimos que se convocaran as cualificacións profesionais " operacións de vixilancia e extinción e apoio a continxencias do medio natural e rural".

Foi un primeiro paso moi importante. Pero xa daquelas, o noso verdadeiro obxectivo era conseguir para o Spdcif a formación que lle corresponde, é dicir a formación por parte da empresa nos módulos e unidades formativas que compoñen esa cualificación profesional.

O feito de que se imparta a cualificación profesional , e se lle facilite aos traballadores do Spdcif parécenos tamén interesante, por simple adecuación ao marco formativo europeo, pero neste caso xa é un problema  máis da Xunta que noso, si quere ou non estar dentro do marco legal que lle corresponde para coa Unión Euorpea, que espabilen se queren.

O que si convertemos nunha esixencia , e que logo de dous anos de ter iniciado este proceso, o persoal do Spdcif non recibira nin a primeira hora de formación nas unidades formativas que acompaña ás cualificacións profesionais recollidas no real decreto 624/2013 de 2 de Agosto .

Palpamos a vía parlamentar , xa que cremos que si fai dous anos estiveron de acordo na parte da cualificación profesional, e remataron instando ao goberno á súa realización, non hai lugar a que agora aconteza o contrario, xa que practicamente xa foi aprobado daquela.

Dende En Marea e BNG, acadamos o respaldo a nosa proposta de Pnl.

Dende o grupo do Partido Popular, logo dun primeiro cambio non recibimos nova data, e dende o PSOE non se puxeron en contacto con nós.

A CIG leva anos recorrendo en solitario este camiño , na aposta clara dende un primeiro momento dun Spdcif profesional, en continua formación, e adaptado as novas necesidades ás que nos enfronta ser un servizo de emerxencias.

 

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...