Na tarde de onte, Mércores 25 de abril, rematamos a xeira de contactos cos grupos parlamentares con representación no Parlamento Galego pola presentación da Pnl - proposta non de lei-  de formación para o Spdcif.

Desta vez cos Grupos parlamentares do Psdg- Psoe, e Partido Popular.

Completamos asía as xa publicitadas na semana pasada, acadando o apoio e compromiso por parte tamén do Psdg e do Partido Popular, ao igual que xa o fixeran nos pasados días, Bng e En Marea.

Queda así apuntalada lexislativamente a formación que nos corresponde no Spdcif, traballo que xa comezaramos na CIG fai uns anos, e que desencadeara a convocatoria dos competencias profesionais.

O grupo parlamentar do PP comprometeu de forma clara e manifesta o seu apoio a esta Pnl, manifestando como clave a formación e experiencia do Spdcif.

Dende o Psdg, tamén acadamos o seu visto bo, e aínda que ían estudalo máis a fondo, manifestaron que lles parecía unha petición máis que razoábel , polo que non debería haber problema para  aprobala.

Agardamos pois  que unha vez saia adiante, o goberno da Xunta tome nota e execute estas medidas de formación, artellando esta de forma tal que nun período relativamente curto de tempo, todo o Spdcif esté formado nos módulos e unidades formativas que recolle o R.D 624/2013.