Dende a CIG levamos anos reclamando unha verdadeira formación do persoal que se presenta as probas de promoción interna; formación de calidade, axeitada e gratuita.

Como sabes a EGAP abriu o pasado novembro un ciclo de formación online, na que os contidos non se axeitan aos temarios (polo menos no caso do C2 onde transciben as leis completas e non os títulos específicos); os test son un mero corta e pega de academias de formación, chegando incluso a colgar esquemas con logos de academias, e os titores son persoal externo.

Non se pode mercadear coa formación dos empregados, se Feijoo decía “quero aos mellores” terá primeiro que prestar unha formación de calidade e proporcionada por empregadas/os públicos.

Así dende este sindicato darémoslle visibilidade as queixas que nos chegan do persoal opositor requirindo tanto a EGAP como a Consellería da Presidencia, para que proporcione unha verdadeira formación de Promoción Interna, nos seguintes termos:

  • Formación de calidade, axeitada nos seus termos e contidos ao temario de cada grupo.
  • Impartición das clases por persoal público, experto nos temas dos exámenes.
  • Adecuación das clases e material ás probas a efectuar na oposición.
  • Reforzo das clases on line con clases presenciais, facendo unha formación mixta que permita un mellor coñecemento.

A directora da EGAP manifestou no último consello reitor da escola a súa preocupación por non facer a “competencia ás academias”, e ao que debe atender é a “non contratar academias para a formación interna e a prestar unha formación de calidade”.