Traballo en solitario da CIG deste últimos anos para acadar a formación necesaria para o SPDCIF produce os seus froitos. A Dirección Xeral de Defensa do Monte convócanos para abordar o Plan Formativo 2019/2020 para o SPDCIF. Foron necesarias dúas Proposicións Non de Lei (PNL) presentadas pola CIG no Parlamento de Galiza, recorrer á inspección de traballo e unha chea de traballo sindical para chegarmos a este punto.

Dende fai uns meses tiñamos constancia de que ao aparecer a proposta da CIG, íntegra, no ditame da comisión de incendios que se creara no Parlamento ao abeiro dos lumes de outubro do 2017, antes ou despois chegaría este momento. Pois ben, fomos citados por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte para unha xuntanza onde se abordará o plan formativo para o SPDCIF para os anos 2019/2020.

Cumpre agora rematar esta parte do proceso coa formación axeitada e inherente aos traballadores e traballadoras do SPDCIF que se comezou a ancorar coa consecución da categoría profesional 5932 Bombeiro forestal. Como traballadoras/es da familia profesional de "seguridade e medio ambiente" esiximos a formación que por lei nos correspondía, recollida no decreto 624/2013 de 2 de agosto, onde fixa os módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade "operacións de vixilancia e detección de incendios..".

É dicir, primeiro conseguimos o dereito aos certificados de profesionalidade (Pnl da CIG no 2016), e agora gañamos o dereito a que sexa a empresa quen nos forme neses contidos en horarios de traballo. Esa foi a proposta da Cig que a levamos vía PNL, e foi recollida integramente no ditame da comisión de incendios.

Chegou agora a hora de poñerlle data e forma (na proposta da CIG xa adiantaramos ese traballo). Como parte fundamental do futuro do dispositivo, este desenrolo da formación incluímolo tamén dentro da nosa proposta de reordenación do SPDCIF, e xa foi enviada en tempo e forma á Consellería do Medio Rural, comisión de expertos e tamén aos grupos parlamentares.

Continuamos!!