Tras o aviso de persoal dun centro de traballo, delegados da CIG comprobamos que nas caixas de urxencia falta material ou está caducado.

O Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo obriga a revisión periódica e reposición do material de primeiros auxilios tan pronto como caduque ou sexa empregado.

Todo lugar de traballo deberá dispoñer, como mínimo, dunha caixa de urxencias portátil que conteña desinfectantes e antisépticos autorizados, gasas estériles, algodón hidrófilo, venda, esparadrapo, apósitos adhesivos, tesoiras, pinzas e luvas dun so uso.

No día de hoxe presentamos escritos solicitando a inmediata revisión e reposición das caixas de urxencia de todos os centros de traballo da provincia.