Resumo da xuntanza celebrada o día 27 de febreiro na AGASP na que se fai a proposta para axentes medioambientais para o 2019 no marco dos compromisos acadados no Acordo de condicións de traballo asinado logo da folga de axentes do 2018, convocada pola CIG e UGT.

A esta xuntanza asistiron representantes da consellería de Medio Rural e das consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e delegados de todas as organización sindicais, coa ausencia da CSIF.

Relación de cursos acordados para formación do ano 2019:

  1. TÉCNICAS FORENSES, CRIMINALÍSTICA E POLICÍA CIENTÍFICA APLICADAS Á INVESTIGACIÓN DE DELITOS CONTRA A FAUNA SALVAXE (Adaptado o curso de veleno) destinatarios axentes de MAVT e se quedan vacantes poderán asistir axentes de MR. (axentes MR 70% e MA 30%).
  2. REDACCIÓN DE DILIXENCIAS, ACTAS E INFORMES destinatarios axentes de MR e MA.
  3. DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE GRANDES LUMES E INCENDIOS DE INTERFASE, destinatarios axentes de MR e se quedan vacantes axentes de MA.
  4. CONDUCIÓN DE VEHÍCULOS TODOTERREO. Destinatarios axentes MR 70% e MA 30%.
  5. INVESTIGACIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS – NIVEL BÁSICO destinatarios axentes de MR e se quedan vacantes axentes de MA.
  6. DEFENSA VERBAL. RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS DE ÁMBITO FORESTAL (50 % MA e 50 % MR).
  7. HABILITACIÓN DE RECOLLIDA DE MOSTRAS (acreditado polo Instituto Nacional de Toxicoloxía y Ciencias Forenses) dentro da consellería de MA van facer un curso obrigatorio para todos os axentes de MA 5 edicións 35 prazas de 8 h de duración.
  8. XORNADA DE ANÁLISE DE GRANDES INCENDIOS FORESTAIS vaise facer unha xornada por provincia e un posiblemente un simulacro por provincia tamén.

Quedaron fóra deste ano propostas de cursos como o de Investigación de incendios nivel cualificado, o Control de pragas e especies invasoras, axentes de autoridade e manexo se situacións de crise en emerxencias ambientais.

Solicitamos que os axentes de MA antes de pasar a incendios que reciban formación específica, e de igual xeito axentes de MR que pasen a MA.