No DOG do mércores 27 de febreiro publicouse a Resolución pola que se acorda o peche e a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e escala operativa do servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón e mecánico (Subgrupo C1).

A presentación de solicitude de incorporación nas novas listas é obrigatoria para todos os actuáis integrantes das listas de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia que se pechan. O prazo para a presentación de instancias comeza o día 1 de marzo e rematará o 31 de marzo de 2019, de acordó co establecido no artigo 6.1 do Decreto 37/2006.

As persoas que formularon solicitude de inclusión na escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, do 1 de marzo oa 15 de xullo de 2018, poderán solicitar a devolución do importe aboado en concepto de taxas por dereito de inscrición no prazo de 4 meses desde a publicación desta resolución no DOG. Para a devolución será necesaria a presentación dun escrito no que a persoa interesada faga constar o nome e apelidos, NIF, número de conta bancaria, localidade e copia cotexada do modelo de autoliquidación de taxas.

No DOG do xoves 28 de febrero de 2019, publicáronse as seguintes Resolucións:

Actualización provisional de méritos: Resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2018 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. As puntuacións poden consultarse no web da Xunta. Hai 10 días hábiles a partir do día 1 de marzo, seguinte ao da publicación no DOG, para presentar reclamacións. Consultar DOG.

Apertura e peche de listas: Resolución pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades. Consultar DOG.