Outra sentenza do Tribunal Supremo, agora contra un acordo de carreira profesional do Institut Català de la Salut que excluía ao persoal interino.

Hai unha semana informamos aquí que o Tribunal Supremo fallou en contra dun acordo de carreira profesional que excluía a interinos e temporais nas Illes Balears. Pois ben, nunha sentenza de data 21/02/2019, o Tribunal Supremo volve sobre os mesmos argumentos, esta vez para declarar discriminatorio o acordo de carreira do Institut Català de la Salut.

No Fundamento de Dereito Sexto da citada sentenza, o Supremo establece:

1º) "que a carreira profesional, como a establecida no Acordo da Mesa Sectorial de 19 de xullo de 2006 (DOGC de 28 de decembro de 2006, coa modificación publicada no DOGC de 29 de marzo de 2007), está incluída no concepto “condicións de traballo” da cláusula 4ª do Acordo Marco incorporado á Directiva 1999/70/CE referida ao principio de non discriminación, e aos efectos de valorar as diferenzas de réxime xurídico aplicable aos funcionarios interinos e ao persoal laboral temporal, ao que ven referida a actuación impugnada."

2º) "que existe discriminación do persoal estatutario interino por condicionarse a súa participación na carreira profesional deseñada no Acordo da Mesa Sectorial á circunstancia de ter superado un proceso de ingreso..."

E outra vez facémosche a pregunta retórica: Adiviñas quen asinou este acordo discriminatorio do Institut Català de la Salut ? Volviches acertar: CCOO e UGT, entre outros. 

Non quixestes que o persoal interino e temporal cobrara a carreira profesional

Por enésima vez volvemos a dirixirnos aos asinantes do acordo, Xunta, CCOO e UGT. Queredes sentarvos na Mesa Xeral a renegocialo, e aforrarlle ao persoal interino e temporal o tempo de espera ata que o TSXG declare, case con toda seguridade, o carácter discriminatorio do mesmo e obrigue a que sexa universal?

Á vista das labazadas que vos están dando por toda a xeografía peninsular, queredes seguir mantendo esa exclusión?

Seríamos irresponsables si déramos por suposto que CCOO, UGT e a Xunta van sentarse a negociar e atender o dereito deste persoal. Como a pesar desta petición e deste desexo pola nosa parte, o feito dunha renegociación parece improbable, nós seguimos coa vía do recurso ante o TSXG.

Non vale que logo digan “e que eu non sabía...”.