Poucos avances nunha RPT que amortiza máis de 180 postos de traballo esenciais para a calidade e mantemento do servizo publico, coa escusa de que “están sen ocupar”, para crear postos en xefaturas.

Este 7 de maio tivemos coa Secretaria Xeral Técnica de Medio Rural unha segunda xuntanza para tratar a súa RPT na que destacamos poucos avances e que a escasa documentación que aportaron estaba de novo errada (desta vez so presentaron memoria económica e ampliaron un pouco a memoria xustificativa). Así a CIG solicitamos outra xuntanza e que non liquidaran xa a RPT sen ao menos ter que xustificar e explicar os recortes.
Non queda outra que reiterarnos nas numerosas alegacións presentadas e insistimos no despropósito que supón amortizar postos de servizo para crear postos de estrutura. Denunciamos que se negan a deixar de amortizar os postos nas oficinas agrarias e xustifican con que están a “facer un estudo das oficinas” e que “as deixan” para unha segunda modificación da RPT. Logo, porque amortizan postos se sabemos que non van ter presuposto para crear?

Do SPDCIF mais do mesmo: amortizan postos de 12 meses e crean menos dos comprometidos para alto risco (547 fronte as 600 da Lei de orzamentos). Supomos que para derivar orzamento para as prazas de estrutura xa que a groso modo as contas non dan para tanto alto cargo. De persoal condutor, técnicos de coordinación e axentes para as BIIF nin falar, moito menos de retirarlle o negocio as empresas das bases helitransportadas e...por suposto seguen a manter os convenios cos concellos limitando a profesionalidade do SPDCIF.

A RPT esta chea de decisións que perpetúan recortes e poñen en grave perigo ao servizo, ao persoal e a cidadanía. En infraestruturas, montes e outros servizos mais do mesmo camiñando cara a privatización de encomendas e peches.

A taxa de reposición dos recortes mantida en Galiza co apoio de CCOO e UGT (no Estado xa a superaron nesta OPE), a falta da cobertura das vacantes e a súa amortización en base unha lei obsoleta (LO 2013) perpetúa o desmantelamento dos servizos públicos vinculados o rural. Na CIG entendemos o rural e as actividades vencelladas como valor primordial e garante da nosa subsistencia como pobo. A única parada que hai contra os poderes especulativos como a minería extractiva ou a madereira somos as galegas que vivimos e traballamos nos montes e terras da Galiza. Non hai outra, esta RPT é claramente desmanteladora do servizo público e de novo unha oportunidade perdida.

E difícil facer as cousas peor, e seguimos aínda a espera dunha documentación de traballo que permita avanzar cunha RPT que é das que supostamente están a parar o mais que necesario consurso de traslados.