A Xunta pretende reducir na RPT da consellería de Medio Rural o numero de brigadas para alto risco e o numero de bombeiros/as por brigada en relación ao 2018.

A esta 3ª xuntanza o 22 de maio de 2019 asisten os responsables do servizo de persoal e o subdirector xeral de Extinción de Lumes. Solicítaa a CIG polos inmensos erros na documentación e para que a Xunta aclare a proposta e a distribución das novas prazas de alto risco e non liquide así  a “negociación”, por iso:

Denunciamos que as cifras seguen sen cadrar xa que faltan 141 códigos de prazas en RPT comparando coas cadro explicativo; tantos erros non poden ser casuais.

  1. As brigadas de 12 e de 9 meses que estaban compostas con sete compoñentes a Xunta intenta enganar xa que detectamos na documentación que quedan so con 6 compoñentes. A Xunta non recúa as brigadas de 12 e 9 meses pasaran a ter 6 bombeiros/as co risco que supón para a seguridade do persoal e a perda de efectividade no traballo contra incendios.
  2. Redúcense o numero de prazas e brigadas para a campaña de alto risco que serán de 5meses no 2019, xa que non traspoñen todas as que eliminaron das encomendas de SEAGA e TRAGSA. Haberá como mínimo 13 brigadas menos e todas pasaran a ser de 4 bombeiros/as. Non concretan a distribución e, con absoluto descaro, din que “nos pasaran a relación”. Xa sabemos que quitan 3 a CO, 3 a LU, 2 a OU e 5 a PO. Cunha exposición torticera intentan facernos crer que son as mesmas!!!  

A súa distribución a xustifican co mantemento dos convenios aos concellos (onde hai mais convenios hai menos brigadas Xunta). Para nos é nefasta xa que imposibilitan un servizo publico único e profesional na extinción de incendios e deixa vendida a RPT polo establecemento de convenios anuais. E si o ano que ven hai mais ou menos convenios.

A pesar do comprometido pola Dirección Xeral de Función Pública na suposta negociación do Acordo de Concertación a Consellería de Medio Rural acláralle a CCOO que o persoal de 9 meses non vai pasar a 12 meses nesta RPT.

Decreto de listas para a contratación do persoal de alto risco din que publicaran no DOG nos vindeiros dias. Alongan indecentemente os prazos e xa imos para a probas físicas en xuño e publicación definitiva e contratación para mediados de xullo.

Merma o persoal do servizo de incendios cando mais se necesita e non dubidan en continuar coa propaganda e contratas millonarias con empresas de cámaras, drons, pantallas e outras. Un servizo cada vez mais caro  e ineficaz xa que conta con menos traballadores/as para a extinción e tamén para a prevención como xa vimos denunciando.