A Xunta de Persoal é o órgano de representación colectiva dos funcionarios dos Servizos Periféricos da Comunidade Autónoma de Galicia en Ourense. A súa función principal é defender os intereses tanto individuais como colectivos dos funcionarios de Ourense.

O día 5 de xuño constitúese a Xunta de Persoal cos novos delegados elixidos nas eleccións sindicais de 11 abril de 2019 e procédese a escoller ao presidente e secretario.

En 4 anos de funcionamento da anterior xunta de persoal, os temas principais foron só dous:

  • Modificar o regulamento da xunta de persoal para cambiar a obrigación de convocar cada mes e pasar a reunirse trimestralmente.
  • Un local para a xunta de persoal no edificio administrativo.

Mentres nos comités de persoal laboral, no resto de provincias e SSCC se reúnen mensualmente para tratar os problemas do persoal, en Ourense reunímonos, con sorte, cada tres meses.

Ante o nulo funcionamento da Xunta de persoal de Ourense, delegados da CIG ofrecémonos a encamiñar a situación asumindo a presidencia e secretaría. CCOO e UXT non presentaron candidaturas alternativas.

O CSIF presentou a mesma candidatura e, grazas ás abstencións de CCOO e UXT na votación, van continuar no cargo.

Así que podemos afirmar que nos esperan 4 anos máis sen facer nada na xunta de persoal!

Presindente da Xunta de persoal de Ourense