A xornada de verán é un exemplo das distintas modalidades de discriminacións que están a facer con varios tipos de persoal ao que non se lle aplica.

Pasadas as 14h do venres 14, recibimos correo de Función Pública coa nota informativa sobre o horario de verán 2019. Descargar.

O primeiro que esixe a CIG é que o horario de verán se regule de xeito permanente, e non mediante “notas” de Función Pública que chegan cada ano a última hora.

O segundo, arranxar algúns aspectos discriminatorios do contido das instrucións:

1. Persoal que ten horario especial, traballa a quendas ou xa ten unha redución de xornada previa. Esto é, que a inmensa maioría do persoal laboral, e bastante persoal funcionario, está excluido do horario de verán. A CIG demanda que este beneficio sexa de aplicación a todo o persoal, e se non pode ser aplicado que se ofreza algunha compensación en descanso.

2. Ampliación do horario de verán para quen teña conciliación familiar, do 1 de xuño ao 30 de septembro. Esto teno o persoal da administración do estado desde o ano 2016 e xa é un dereito consolidado:

Por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, os empregados e empregadas públicos con descendientes ou persoas suxeitas á súa tutela ou acollemento de ata 12 años de idade, siempre que convivan co solicitante e dependan deste, estando ao seu cargo, poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva dende o 1 de xuño e ata o 30 de setembro. Este dereito poderá exercerse tamén o ano en que o menos cumpra a idade de 12 anos.
Igualmente poderá acollerse a esta modalidade de xornada intensiva [..] quen teña ao seu cardo persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que convivan co solicitante e dependan deste.

3. A famosa bolsa de horas do 5%, vinculada á conciliación, continúa sen regularse. Na AGE xa a están a gozar. Ao longo da negociación do Acordo de concertación que asinaron UGT e CCOO, a CIG defendeu que esta bolsa de horas do 5% non estivese ligada exclusivamente á conciliación, senon que fose de aplicación a todo o persoal, de xeito que se puidese converter nunha especie de “bolsa de horas positivas”. Pero non quixeron.