Debido á promoción exterior do Ano Santo do 2021, a Xunta de Galiza prevé unha maior concorrencia de usuarios as oficinas de turismo dependentes da Axencia de Turismo de Galicia.

Na cidade de Ourense, a oficina de turismo está localizada na Casa do Legoeiro ao lado da Ponte Romana.

Por ela pasan todos os días centos de peregrinos e visitantes para informarse. Esta oficina presenta graves problemas de acondicionamento que dan unha pésima imaxe da nosa cidade e do camiño de Santiago. Pintadas, humidades, fiestras rotas e deterioradas, accesos de madeira podres... nunha oficina que está situada ao carón dun dos símbolos da cidade: A Ponte Romana.

Hai que sumarlle a falta de persoal por non cubrir os postos vacantes e a negativa de contratar persoal de reforzo nas vacacións. Todo isto a consecuencia da pésima xestión da dirección da Axencia de Turismo.

Desde a CIG esiximos a Xunta de Galicia que procedan ao cese inmediato dos responsables na Axencia de Turismo de Galicia e solucionar todos os problemas da oficina de turismo en Ourense.

Pintadas na Oficina de Turismo de Ourense