Son frecuentes as informacións que nos chegan sobre a falta de efectividade dos medios aéreos contratados pola Consellería de Medio Rural.

No video que adxuntamos podemos ver un helicóptero da base do Campiño facendo unha descarga de auga nun lume de Meis o pasado 4 de agosto.

Lonxe de ver un mínimo de efectividade nos medios aéreos contratados por Medio Rural á empresa BABCOCK para o servizo de loita contra os incendios, atopámonos frecuentemente con este tipo de actuacións onde se tira a auga demasiado alta e/ou fóra do lume.

Unha vergoña da que é responsable o Director Xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto.