A CIG-Autonómica solicitamos nun escrito dirixido á Consellería de Medio Rural que incorpore ao sistema formativo a cualificación profesional SEA 596_3 de grao superior xa que unha porcentaxe elevada do persoal superou o grao medio.

Con esta solicitude continuamos o traballo para a imprantación do nivel medio de formación que esta avalado polas recomendacións técnicas do "Grupo de expertos de apoio á comisión do Parlamento de Galiza sobre incendios forestais".

Así a CIG aposta pola formación como un dos elementos fundamentais da profesionalización do servizo de incendios, atendendo ao seguinte:

  1. Esiximos que que se aplique o real decreto 624/2013 en tódolos módulos formativos correspondentes aos SEA 595_2, claves para ter un dispositivo formado e profesional a tódolos niveis.
  2. Presentamos innumerables escritos, proposicións non de lei perante o parlamento e outras propostas perante a diferentes organismos … todos dirixidos a acadar unha formación axeitada e homologada, propoñendo un plan de formación amplo e organizado que permita ter coñecementos multidisciplinares e orientados á multiemerxencia no medio natural e rural.

Porén, a pesar de que se deron pasos importantes no ámbito formativo, a inda quedan moitas eivas pendentes no desenrolo e concreción da formación real

Por todo isto, resaltamos e concordamos a importancia fundamental da formación e a certificación profesional que reflicte o informe do grupo de expertos, máis concretamente no punto 2.8 "que as cualificacións profesionais mellor adaptadas para o persoal do SPIF, serían as SEA 592_2 como titulación de grao medio, e a SEA 596_3 como grao superior, establecendo que o plan formativo debería estruturarase segundo os módulos formativos que establece o INCUAL para ditas cualificacións",

Na CIG seguimos na aposta para que a formación sexa unha vía para acadar un servizo de incendios forestais máis profesionalizado e seguro, cun persoal máis preparado para atender as continxencias no medio natural e rural que resposte así ás demandas do persoal do SPIF e da cidadanía.