Publicados no DOG Núm. 165 do luns 2 de setembro de 2019 os criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2018 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

O Fondo de Acción Social do ano 2018, como en anos anteriores, inclúe unicamente a axuda para a atención de persoas con discapacidade.

No FAS 2018 prodúcese un incremento do 50 % da diferenza das contías propostas na xuntanza dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social e outro tanto ata acadar o 100% dos 180 euros mensuais na vindeira anualidade. O importe da axuda será de:

  Ano 2019 Ano 2020
Discapacidade do 33 % ao 64 % 1.560 euros (130 €/mes) 2.160 euros (180 €/mes)
Discapacidade do 65 % ao 74 % 1.800 euros (150 €/mes) 2.160 euros (180 €/mes)
Discapacidade desde o 75 % 2.160 euros (180 €/mes) 2.160 euros (180 €/mes)


Como novidade, na súa xestión non se terán en conta os ingresos da unidade familiar, senón o límite establecido no artigo 35 do V Convenio colectivo do SMI do discapacitado a cargo (non superar o salario mínimo interprofesional en cómputo anual). Ademais, non se terán en conta os ingresos da persoa con discapacidade cando a discapacidade sexa igual ou superior ao 75 %.

Outra novidade foi a redución dos prazos de presentación:

  • Xeración de solicitudes na web e presentación en unidades de persoal: do 3 de setembro ao 18 de setembro de 2019 (quince días hábiles).
  • Certificar as solicitudes (prazo dos certificadores): do 19 de setembro  ao 25 de setembro (cinco días hábiles).
  • Presentación por rexistro: do 26 de setembro ao 2 de outubro de 2019 (cinco días habiles).

O Fondo de Acción Social foi unha das cousas que o goberno de Feijoo recortou coa  Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. Pasaron os anos, pero os recortes temporais continúan. Desde a CIG continuamos en loita para recuperar todo o arrebatado e incrementar as axudas.