Instalación dos parasois

Como punto central deste Comité tratouse o da instalación de parasois na fachada sur do edificio administrativo de Pontevedra.

Hai dous temas sobre os que nos informa o presidente:

  1. No mes de setembro, finalizouse a colocación dos parasois na torre central do edificio.
  2. Parte pendente de executar:
    Quedan os laterais. Motivo: a primeira licitación quedou deserta e na segunda, debido a que non se podía dilatar moito no tempo xa que a licitación era cos fondos FEDER, ofertouse a 1ª fase (a torre central que ao levar andamios mais altos era a mais complexa de executar e a máis custosa).
    Nunha 2ª fase vaise licitar o pendente mediante contratos de obra menor, polo que os prazos redúcense.
  3. Problemas que se detectan:

As persianas teñen dous sensores, un lumínico e outro de vento.
Luminosidade. Hai moitas queixas xa que como non se entende moi ben como funcionan os sensores, e ao estar en fase de probas, ás veces as persianas entran en funcionamento aínda que o día esté anubrado.
O xefe de servizo de mantemento informa de que existen dous sensores lumínicos programados para baixar en determinadas sensibilidades, un ata a terceira planta e outro ata a novena.
Todas as plantas teñen sensores de luminosidade das luces do teito, que en función da escuridade encenden con mais intensidade ou con menos.
Aínda que hai queixas a nivel persoal, son necesarios datos obxectivos de luminosidade, polo que a proposta da CIG, despois de oir ao persoal do servizo de prevención, vanse facer 2 medicións diarias durante un período de tempo coas que poder comprobar si a luminosidade chega a 500 luxes.

Información sobre as pingueiras no Arquivo xeral

A raíz dunha limpeza xeral con auga a presión descubriuse que nun punto onde estaba “resolto” o das pingueiras, entrou auga.
O servizo de mantemento contactou coa empresa construtora do edificio que fixo unha proposta de gasto para facer a reparación. Estamos á espera de que desde Santiago aproben o orzamento.
A raíz desta situación, considerouse pola Xefatura paralizar o acordado no comité anterior de colocar bandexas que recolleran a auga.
Tanto a CIG como CCOO presentamos queixa pola non colocación das bandexas, dado que o acordo era de abril e xa tiveran tempo de telas colocadas antes de agosto, que foi cando descubriron a pingueira.

Implantación do Plan de Acción

O plan de acción trasladouse á Xefatura Territorial e os técnicos informárono desfavorablemente.
Fixeron alegacións ao mesmo diante do servizo de prevención (en Santiago) e están sendo valoradas.
Aínda non hai plan de acción aprobado definitivamente, polo que os prazos de execución aínda non corren.
Dende a CIG preguntamos que técnicos informaron desfavorablemente (non tivemos resposta) e presentamos queixa porque en todo caso podería ser aprobado parcialmente dado que según indicou o presidente no que é de obrigado cumprimento por normativa, están conforme.

Rolda de intervencións

A representante de sanidade pide mellorar a climatización.
A CIG pregunta por:
Comedor: A xefatura considera idónea a ubicación. Hai auga para beber no rexistro e posibilidade de lavar os utensilios que se traian co xantar nos baños.
A CIG propuxo que a Xefatura Territorial baixe durante unha semana a xantar na cafetería, pasando por diante dos administrados co tupper para lavar .
Limpeza: trasladarán a queixa.