O luns 21/10/2019, tivemos unha reunión co director xeral de Orientación e Promoción Laboral para preguntar pola posible contratación de 188 orientadoras/es laborais, tal e como se publica no BOE do día 17 de setembro de 2019.

O director xeral comeza decindo que a información no BOE está mal, xa que o Estado fai as contas por remuneracións básicas e que en Galiza se paga máis, polo que o número de orientadoras/es laborais para os programas que se recollen serán de 141.

O que van a facer é renovar aos 130 orientadoras/es que hai contratados a día de hoxe e contratar a 11 máis.

A distribución destes/as 11 orientadoras/es novas serán: 1 para cada unha das grandes cidades. (A Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e os outros 4 que faltan non saben aínda como o van a facer.

Estas contratacións serán con cargo aos orzamentos 2020 e faránse, previsiblemente, no mes de XANEIRO DE 2020.

Dende a CIG manifestámoslle que non entendemos como están a levar as políticas activas de emprego, xa que cosideramos que a data de hoxe os postos de orientación laboral xa non son de programas, senón que teñen que ser de estructura, máis cando se propón a creación de a escala de orientación laboral.

Que, xa que estes fondos son finalistas, deben ser destinados a contratar todo o persoal posible e as prazas que xa existen pasar a ser prazas de estructura e incluílas en RPT.

O director xeral dí que esta decisión é cuestión de Función Pública, ao que lle contestamos que a consellería ten que ser a máis interesada e presionar para que se faga así.

Remata dicindo que pasará as nosas demandas á Secretaría Xeral e ao Conselleiro.