Novas por contido

A maiores de tratar sobre procesos selectivos e concursos de traslados (ir á información), nas xuntanzas que tivemos os días 13 e 14 de novembro con Función Pública (Mesa Xeral de Negociación, Comisión de Persoal e unha xuntanza previa), tratamos máis asuntos: 

RPT Cultura

  • Despois de anos de reclamacións, por fin deciden homologar a outros corpos especiais os niveis do persoal técnico superior e medio de arquivos, museos e bibliotecas. Porén, quedan fora arqueólogos/as e algún arquitecto/a, algo inaceptable.
  • Non crean o obrigatorio arquivo central da consellería (precisamente cultura tiña que dar exemplo).
  • Manteñen dous postos abertos a docentes (xeral/docente), pero inexplicablemente pechados a persoal de escalas propias.
  • Hai outros dous relacionados coas bibliotecas aos que se exclúe á escala de blbliotecas.
  • A Administración cedeu a súa proposta inicial de cambio de horarios do persoal laboral dos centros culturais. Pretendía nun principio pasar a todo o persoal de quendas de mañá a mañá ou tarde. Ao final o paso é voluntario e se fará definitivo nas prazas cando queden vacantes.
  • Os horarios son un parche. Reclamamos sentarnos a pactar un acordo de horarios en bibliotecas, museos e arquivos.
  • Non estamos conformes coa destrución neta de emprego e sen xustificar os motivos.
  • Esiximos una solución á situación de sobrecarga do único posto do depósito legal de Vigo.
  • Crean un museo do viño sen dotalo do persoal necesario (só tres subalternos e 1 técnico museos que quitan do museo etnolóxico). Pretenden que se nutra do traballo e documentación do persoal do museo etnoloxico de Ribadavia co que queren compartir a dirección e o persoal técnico. Para a CIG e inaceptable que a Xunta venda un novo museo a bombo e prato que non dotan de persoal propio  e sobrecarguen ao persoal doutro. Para maior abastanza poñen horario especial e mañá e tarde, empiorando as condicións laborais do persoal dos museos e abrindo a porta a seguir na liña de eliminar as xornadas continuadas.
  • Descargar documentación da Mesa Xeral

 

RPT Política Social

Son dúas modificacións puntuais. 1) apertura a administración xeral/especial dun posto de subdirección: non nos opoñemos, pero reclamamos que indiquen as especialidades. 2) cambiar requisito imprescindible de licenciatura en dereito por mérito a un posto de sección xurídica, que quedaría para A1/A2/C1.

Descargar documentación da Mesa Xeral.

 

RPT Consorcio

Estarían a estudar as alegacións recibidas polo Consorcio.

 

Modificación do decreto de listas

Van enviarnos un texto cunha modificación consistente en adiar a entrada en vigor dos artigos 14 e 16 (que por problemas informáticos sería cando estivesen solucionados), e o artigo 5.1 (entraría en vigor o 1 de xuño de 2020).

 

Xubilación parcial anticipada

Despois das promesas do director xeral da Función Pública de que non poría atrancos para o acceso á xubilación parcial anticipada e celebración do contrato de remuda para o persoal laboral, o director soltou que teñen bloqueado este sistema de acceso á xubilación polo custe que lle supón á Administración da Xunta e que tería que ser o Estado quen o asumise. Diante desta situación levaremos ao Comité Intercentros unha proposta de acordo para desbloquealo. Engadimos que a CIG defende a extensión deste dereito ao persoal funcionario, opción que Xunta, CCOO e UGT renunciaron a defender cando decidiron a última hora retirar as referencias ao persoal funcionario no Acordo de Concertación.

 

Orientadores/as laborais

Función Pública convocaranos a unha xuntanza posteriormente a que dea resposta á consellería de emprego.

Outras novas recentes

Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...