Novas por contido

O goberno do PP presenta, un ano mais, e xa van 8, a suspensión do art. 19.1 do convenio colectivo nunha das disposicións adicionais da lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2020. Esta nova prórroga da suspensión significa que continuaremos sen o descanso mínimo semanal de dous días ininterrompidos aos que haberá que engadir o descanso de 12 horas entre xornadas de traballo. Esta prórroga da suspensión súmase á da 2º parte do art. 19, descanso adicional do 75 por 100 do tempo de prestación polo traballado en quendas de domingos e festivos recollido na Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza.

Todos os grupos parlamentarios da oposición, PSOE, BNG, En Marea e o Grupo Común da Esquerda, teñen presentadas sendas emendas á Lei de Orzamentos para o 2020 para que se aplique o art. 19 do convenio ao persoal laboral coa necesaria eliminación da súa suspensión.

A CIG levou ao pleno do comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza, celebrado o 19/11/19, a necesidade de mobilizarse para apoiar as emendas presentadas polos grupos da oposición, cunha concentración diante do Parlamento onde o persoal laboral da Xunta de Galiza esixa a devolución do art. 19 do V convenio colectivo, porque a reivindicación non é só de carácter político; é unha reivindicación de carácter laboral

A CSIF está de acordo con esta proposta e se reafirma na recuperación de dereitos.

Pola contra, e sorprendentemente, CCOO e UGT non están de acordo con ningún tipo de mobilización. Estas dúas organizacións sindicais, alegan unha “negociación” dunha hipotética redución horaria no seo da mesa de seguimento do Acordo de concertación do emprego público de Galiza para non esixir na rúa a devolución dos nosos dereitos roubados polo goberno do PP.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...