Novas por contido

Ata 7.500 € ás empresas por cada contrato de remuda, pero para o persoal da Xunta onde non habería que subvencionar nada néganse.

Por que CCOO, UGT e a Consellaría de Facenda negan ao persoal laboral o dereito á xubilación parcial anticipada e contrato de remuda, tal como está recollido no art. 215 da Lei Xeral da Seguridade Social e no art. 12.7 do Estatuto dos Traballdores. E por suposto tamén se negan a estudar unha solución similar para o persoal funcionario.

Por que CCOO e UGT, xuntamente coa CIG e a CSIF, asinaron un acordo coa Universidade de Santiago, onde a maiores de aplicar a Lei da seguridade social para este tipo de xubilacións tamén se lle recoñece un complemento de tres mensualidades?

A resposta a estes dous interrogantes témola no acordo de concertación do emprego público de Galiza asinado por CCOO, UGT e a Consellaría de Facenda.

O acordo de concertación deseña as liñas para a funcionarización do persoal laboral e introduce un articulado coaccionante xa que de non acceder ao mesmo non se percibiría o complemento de carreira profesional.

CCOO e UGT gabáronse unha e outra vez do marabilloso deste acordo aínda que sexa coa eliminación do concurso de traslados e da promoción interna do persoal laboral. Tamén, a pesares de que o complemento de carreira non sexa universal nin homoxéneo nas súas contías.

CCOO, UGT e Facenda, en aras de que todo o persoal laboral fixo se adhira á funcionarización, negan o dereito recoñecido na Lei Xeral da Seguridade para a xubilación parcial anticipada; polo tanto, impiden a libre elección do traballador entre o nomeamento de funcionario de carreira ou continuar como laboral e acceder á xubilación parcial anticipada coa necesaria celebración simultánea dun contrato de remuda

A non existencia na Universidade de Compostela dun acordo de concertación para o emprego si lles deu alas a CCOO e UGT para pactar o contrato de remuda e un premio de xubilación.

Como remate a este absurdo de negación de dereitos ao persoal laboral da Xunta, o día 10 de decembro, a Xunta de Galiza, a Patronal Galega e as OOSS, CCOO e UGT, asinaron un acordo de diálogo social, no que entre outros, introduce un apartado para subvencionar con ata 7.500 € ás pemes que contraten remudistas para potenciar á xubilación parcial anticipada tal como se recolle na Lei da Seguridade Social e no art. 12.7 do ET

Aos traballadores se lles defende, non se lles vende por un prato de lentellas.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...