Resumo da primeira reunión para a modificación puntual da relación de postos de traballo da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. 10/12/2019

Proponse a modificación da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por varias cuestións:

1. Cumprir a sentenza que obriga a abrir catro postos de traballo de Calidade Ambiental para ser ocupados tamén por persoas con enxeñaría de camiños canles e portos.
2. Aplicación do acordo de mellora de condicións de traballo de axentes ambientais co aumento de nivel dos postos 16 a 17, 17 a 18 e 19 a 20 respectivamente.
3. RPT do persoal do Parque das Illas Atlánticas (parcial).

Na CIG vemos correcto a apertura das titulacións para a execución da sentenza.

No caso da RPT das Illas Atlánticas non estamos conformes coa esixencia da titulación de patrón e barcos de recreo por non ser necesaria e que solicitamos a súa eliminación ou que se e precisa formación básica do mar que a proporcione a Xunta.

Solicitamos ademais que figurase nestes postos a “Xornada especial de traballo” xa que teñen un réxime singular e traballan por semanas completas nas illas.

Preguntamos polas condicións de traballo no Parque das Illas Atlánticas e esiximos a súa negociación a que xa se comprometera a administración o pasado ano.

Solicitamos aclaración sobre o calculo das cantidades do complemento específico dos niveis impares e que quedase reflectida na RPT tamén a acordada para o 2020.

A administración resposta indicando que xa teñen preparados os borradores para todo o persoal do parque Illas Atlánticas e que esta pendente de aprobación da memoria económica para presentarnos en febreiro coas escalas e categorías novas como a de guía.

Ademais manifesta que regulará as condicións específicas de traballo de todo o persoal do Parque, e di que a nivel económico os axentes deste xa están recollidos no acordo xeral asinado logo da folga do 2018 de axentes ambientais, inda que nos insistimos na necesidade de ter en conta a súa singularidade como di o propio acordo.

Sobre a nosa petición de xornada especial a vicesecretaria xeral da consellería recoñece que debe figurar pero que sen ter unha compensación económica “non ten sentido poñelo neste momento”.

Dende a CIG nos parece fundamental a regulación das condicións de traballo do persoal das Illas Atlánticas e a súa RPT completa, rexeitamos mais esperas absurdas e esiximos o cumprimento dos acordos.