As bases das convocatorias dos procesos selectivos de promoción interna a corpos xerais correspondentes á OEP-2019, xa pasaron por Mesa Xeral de Negociación o mércores 18. E xa temos data para a Comisión de Persoal, o venres 20, día en que se van aprobar definitivamente. A súa publicación en DOG, segundo as intencións do director xeral de Función Pública, quedaría adiada para xaneiro.

A CIG defendeu:

  • Queremos negociación de criterios xerais. Estamos fartos de que anden a bandazos, con cambios importantes entre convocatorias similares negociadas en poucos días de diferencia.
  • Reclamamos que acumulen as prazas non cubertas da OEP-2017.
  • Así como permiten que ás escalas se promocione dende corpos xerais, tamén reclamamos a inversa, que dende as escalas se poida promocionar a corpos xerais.
  • Defendemos a recalificación dos postos, ou polo menos que se busque algunha alternativa que evide ter que moverse de localidade (o que fai que a promoción non sexa atractiva a persoas de certas localidades que teñen poucos postos). E tamén que non se obrigue a permanecer no mesmo destino a quen estea nun posto aberto ao grupo superior.
  • Do mesmo xeito que levan facendo uns anos, que conserven o aprobado da anterior convocatoria.
  • 3 ou 4 meses é pouco tempo para o primeiro exercicio.
  • En A1 substituir o 2º exercicio (tema) por un test/suposto práctico test sobre Anexo II. De manter tema, que a puntuació non sexa 30-30 senon 40-20. Pero como mellor opción, tanto para A1 como A2, que apliquen o mesmo sistema que para as escalas de servizos sociais: un único exame test, dividido en dúas partes
  • En C1 e C2 o tempo para realizar o primeiro exercicio é xusto de máis. 
  • proba de galego querémola tamén tipo test.
  • Incrementar a puntuación máxima para antigüidade para subir dos 25 anos máximos que terían en conta.
  • Reducir a puntuación por cada grao ao equivalente a 6 meses de antigüidade (equivale a 8 meses).
  • Traballo desenvolvido: reducir as diferenzas entre niveis. En canto a valoración das comisións de servizo, esperamos que a explicación que nos dán sexa real e finalmente o que puntue sexa o posto definitivo.
  • En canto á formación, seguen sen aceptar os cursos de universidades, servizo público de emprego, D.X. de Orientación ou escolas de idiomas. E non aceptan retirar o límite de valorar só ata 150 horas por curso.
  • Queremos que o programa sexa todo normas, non temas. E se manteñen temas que a EGAP edite temarios, ou polo menos referencias bibliográficas.

Finalmente, nas novas versións que nos enviaron para a Comisión de Persoal do venres 20, modificaron algunha cousa: tempo para realizar algún exercicio e retoque do programa. Pouco máis.

Nas promocións internas da OEP-2017 que está agora en marcha, din que tentarán acelerar no caso de A2 e C1. Comprométense a que as persoas que aproben o saiban antes de que remate o prazo da nova convocatoria. Din que en xaneiro informarán polo miudo do estado de todos os procesos pendentes.

Borradores enviadas para a Comisión de Persoal (20/12/2019)
Corpo Total prazas Reserva discapacidade
A1-Corpo superior (descargar borrador) 46 5
A2-Corpo de xestión (descargar borrador) 127 8
C1-Corpo administrativo (descargar borrador) 195 14
C2-Corpo auxiliar administrativo (descargar borrador) 52 4