No DOG do 30/12/2019 publican o Decreto 160/2019 polo que modifican o Decreto 60/2019, que a súa vez modificaba o Decreto 36/2006, que regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Este novo Decreto tan só modifica a data de entrada en vigor dalgúns artigos do decreto anterior:

"Non obstante, na súa nova redacción, o artigo 5.1 entrará en vigor o 1 de xuño de 2020 e os artigos 14 e 16 entrarán en vigor na data que expresamente se determine por orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, tan pronto quede garantida a viabilidade técnica do sistema de citacións electrónicas, mantendo ata entón a vixencia dos referidos artigos na súa redacción anterior. Esta orde deberá ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia".