Decreto de funcionarización

O Decreto de funcionarización foi publicado no DOG do luns 03/01/2020. O borrador do decreto fora aprobado na Comisión de Persoal do 12 de xullo de 2019 (case seis meses antes), co voto favorable de CCOO e UGT; a CIG votara en contra, principalmente porque deixa demasiadas cousas fora (retribucións, procesos selectivos e concurso de traslados previos como persoal laboral..).

O texto final publicado en DOG contén emendas introducidas pola Asesoría Xurídica da Xunta e do Consello Consultivo, de xeito que entre o texto aprobado en Comisión de Persoal e o publicado en DOG hai diferenzas que, pola súa importancia, deberían ter sido novamente negociadas e o documento votado, algo ao que se negou o director xeral de Función Pública, impoñendo por tanto o texto final sen discutilo cos sindicatos.

Curiosidade: CCOO solicitou que se adapten as RPTs canto antes, para que a xente saiba como vai quedar económicamente. O DXFP respostou que "estamos en ello". Isto que foi unha insistencia da CIG e que non recolleron no seu acordo porque non quixeron agora veñen a esixilo cando xa está en marcha o proceso. Damos a benvida ao rego a CCOO: este asunto foi precisamente un dos argumentos da CIG cando nos negamos a aceptar o acordo de concertación, que había que deixar claro o asunto retributivo antes da funcionarización para que cada quen valorase se lle interesaba ou non, xunto coa falta de promoción interna e concurso previos ao proceso de funcionarización que nos levaron a desbotar este acordo. Algúns acórdanse agora cando xa non hai solución e a xente xa se comprometeu ou non a funcionarizarse.

Convocatorias de funcionarización do persoal laboral fixo

Recibimos novos borradores das convocatorias, con prazo de alegación ata o día 7 de xaneiro. 

A previsión do DXFP (manifestada en xuntanzas de mediados de decembro) é que as convocatorias pasen por Mesa Xeral de Negociación e queden aprobadas en Comisión de Persoal a primeiros de xaneiro. Ler resumo completo.