Recibimos da Dirección Xeral de Función Pública o primeiro borrador do concurso de provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior da escala de veterinarios da Xunta.

Os sindicatos temos prazo de alegacións ata o día 17 de xaneiro, polo que se queres dicirnos algo podes contactar coa CIG antes desa data.

Este concurso é outro dos que leva tempo dando voltas e voltas. A última información que tiñamos é da Mesa Xeral do 18 de decembro do ano pasado: ata ese momento prometeran que teriamos os borradores entre finais de novembro e primeiros de decembro; o día 18 o que nos respostaron foi que enviarían o borrador esa mesma semana.