Na reunión do día 9 de xaneiro a Xunta propón varias modificacións na relación de postos de traballo sen cumprir os compromisos pendentes da anterior como a dotacion de persoal nas oficinas agrarias comarcais e os distritos forestais.

Agora pretenden unicamente corrixir erros puntuais nas prazas, cumplir as sentenzas de indefinición e a suba de niveis de axentes forestais en cumprimento do Acordo de condicions de traballo logo da folga do 2018.

Dende a CIG reiteramos as alegacións de 2019 e demandamos:

  1. Axentes forestais: 20 euros do CE previstos no Acordo para 2020 (ao que acceden xa que manifestan que foi un erro), creacion das prazas BIIF e segunda actividade.
  2. Delineantes e axentes: Barrar ao B en cumprimento LEPG
  3. Persoal técnico distrito: creación prazas e formalización urxente mesa traballo acordada.
  4. Oficinas Agrarias Comarcais: Resultados do estudo de carga e dotacion das prazas necesarias recuperando as amortizadas na anterior modificación. Dende a consellería recoñecen que van tarde e manifestan que ao menos estan a cubrir as vacantes coas listas.
  5. Persoal bombeiro e resto persoal laboral consellería: Coherencia e ampliacion pluses para todo persoal que realiza mesmas funcions, recuperación prazas desaparecidas (vixiante mobil, vixiante fixo…), ampliación tempo fixo descontinuos…
  6. RPT de FOGGA e AGACAL: Manifestan que case as teñen feitas. Solicitamos pluses Abegondo e ampliar cadro persoal.
  7. Concurso ordinario na vez de CE nas prazas xefes/as distrito, habilitado/a…

E moitas máis cuestións que quedaran pendentes de solución. Instamos de novo a Xunta a que se poña as pilas cumpra os compromisos adquiridos e recupere o emprego perdido logo de tantos anos de recortes e harmonice as condicións laborais adecuándoas a realidade e evitando a xudicializacion e individualización das condicións de traballo.