O contrato de remuda é para a cobertura do tempo de traballo que deixa un traballador en situación de xubilación parcial anticipada; é un contrato de carácter temporal regulado tanto no art. 12.7, condicións e duración, como no art. 49.1, extinción, do Estatuto dos Traballadores (ET).

No que a extinción deste contrato se refire, o art. 49.1.c do ET establece que á expiración do mesmo, a persoa traballadora terá dereito a percibir unha indemnización por unha contía equivalente á parte proporcional da cantidade que resultaría de aboar doce días de salario por cada ano de servizo.

O regulado no art. 49.1c non é unha cuestión interpretable ou discutible. É norma de obrigado cumprimento. Sen embargo, algunhas xefaturas territoriais da Xunta de Galiza, ben por descoñecemento, ben porque aforran unhas perras, non indemnizan aos traballadores temporais no remate do seu contrato de remuda.

Se a Xunta de Galiza no cumpre este precepto, obriga á persoa traballadora a unha continua reclamación e, en moitos dos casos, á perda da indemnización por descoñecemento dos dereitos do seu contrato. Se é teu caso, contacta coa CIG.