A CIG acude ao Parlamento de Galiza e presenta unha Proposición Non de Lei (PNL) para a formación do persoal do servizo de Incendios (SPIF) da Xunta de Galiza e así avanzar cara unha maior profesionalización

A Xunta esta a vender futuras planificacións e incluso unha nova lei de incendios mentras non cumple os acordos acadados e non avanza na formacion do seu persoal. É necesario comezar xa a preparar seriamente ao persoal de cara as continxencias relacionadas cos incendios forestais e as emerxencias ambientais.

Na CIG seguimos a loitar pola formacion como piar básico para profesionalización e estabilización do SPIF. Por ese motivo, non paramos de poñer en marcha numerosas iniciativas para conseguir que o Servizo de incendios teña a formación máis axeitada consonte ás súas peculiares características

Por iso, o martes 14 de xaneiro presentamos de novo unha Proposición Non de Lei para solicitar que se inste á Xunta de Galiza para que implante os módulos formativos correspondentes á cualificación profesional SEA596_3 de coordinación en operacións de incendios forestais e apoio en continxencias no medio natural e rural. Estes módulos van dirixidos a axentes forestais, bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, coordinadoras/es de unidades de prevención e extinción de incendios forestais, xefe/a de unidade de prevención e extinción de incendios forestais, e engadimos a todo o persoal do SPIF que teña xa o certificado de nivel 2 SEA 595_2.

Asemade, reiteramos agora a solicitude que lle fixemos á Xunta para que imparta ao persoal do SPIF a formación correspondente aos módulos das cualificacións profesionais SEA595_2 e SEA596_3. Especificamente os obxectivos desta formación son os seguintes:

  • Mellorar o desenrolo das operacións de emerxencia referidas aos incendios forestais, e o apoio a continxencias no medio natural.
  • Obter a certificación correspondente superior esixida, a SEA596_3.

Engadir tamén, que a formación que solicitamos non é obxecto da improvisación, xa que o SPIF ten plenamente xustificado o seu encaixe normativo coma servizo de emerxencias por varias vías (coma por exemplo no RD624/2013 do 2 de agosto e na Lei 17/2015 do 9 de xullo de Protección Civil - lexilacion básica-).

Na CIG seguimos a defender que todo o persoal do SPIF teña a mellor formación posíbel para mellorar a súa seguridade, profesionalización, estabilidade e para a mellor asistencia a toda a poboación do rural galego diante da emerxencia climática.