O xoves 16 de xaneiro de 2020 acudimos a unha reunión co director de función pública previa a Mesa Xeral. A Xunta anuncia a suba correspondente a carreira profesional e informa sobre prazos de procesos selectivos pendentes e concurso de traslados.  

A suba salarial: A estafa dun acordo de CCOO,  UGT e CSIF que nos vendeu un 3% que quedou nun 2%

Feijóo vende aos medios que ao persoal empregado público lle vai aplicar unhas subas salariais a maiores do 2% que se establecerá con carácter básico dos Orzamentos do Estado. A isto está obrigado por diversos acordos contraídos anteriores (carreira, acordos sectoriais…). Independentemente da nosa opinión sobre moitos destes acordos, o único que fai o goberno é cumprir unha obriga, e iso non é noticia.

A maiores disto, do Acordo de mellora asinado no Estado por CCOO, UGT e CSIF, e que algúns destes sindicatos afirmaron que a suba do 2020 ía ser do 3% (2% fixo e un 1% variábel dependendo do incremento do PIB), agora tan so vai quedar nese 2% fixo. 

Hai un ano a CIG xa denunciamos que condicionar a suba salarial a un PIB era unha renuncia e unha estafa ao persoal, xa que daquelas todas as previsións era que se situara en torno ao 2% de crecemento. 

Outros asuntos: 

  1. Alegacións a funcionarización: déixano para mesa xeral do luns 20 de xaneiro. O director aclara que as categorías que non saen é porque non estaban na ope 2018-19 e sairán na OPE 2020 para funcionarizar.
  2. Oposicións veterinarios/as: Non aceptan alegacións. Vai xa a Comisión de Persoal da semana que ven e depois ao DOG.
  3. Concurso de traslados corpos xerais: Cambia de novo o prazo. Agora di que sacara a listaxe admitidos/as para antes de fin de mes.
  4. Promocion Interna nos corpos xerais: Están a rematar coa baremación de méritos do A2, C1 e do C2  e prevén publicar antes das novas convocatorias. Non aclara que pasa coa PI do A1 a pesar de que lle preguntamos xa que levan 3 meses para corrixir 23 exercicios. Publicarse a resolución de aprobados/as antes de convocar as seguintes. Culpan dos atrasos das promocións internas e concurso “a parte informática”.
  5. Suba salarial do Estado: este ano as nóminas subirán un 2% cando aprobe a medida o goberno. Prevén pagar con efectos do 1 de xaneiro.
  6. Listas de admitidos de procesos selectivos xa convocados: Sairán en 3-4 semanas. Son máis de 70.000 inscritos/as para uns 2000 postos de diversas categorías, 16.000 en persoal subalterno (dará o dato exacto o luns).
  7. Preguntamos por outros procesos pendentes de Promoción Interna como Camareiro/a-limpiador/a, Bombeiro/a Forestal, Auxiliar de Enfermería, etc. Dirannos algo na mesa xeral do próximo luns.