O día 19 decembro de 2019 reuniuse a Xunta de persoal funcionario da Xunta de Galicia en Ourense. Aprobouse por unanimidade de todas organización sindicais o rexeitamento a valoración das comisións de servizo nos concursos de traslado:


“Rexeitar frontalmente a base 4.1 (traballo desenvolvido ) en relación á Resolución do 25 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. “


“En relación á base 4.1 de traballo desenvolvido, enténdese que pola redacción da devandita base puntúa o traballo a desenvolver prestado en comisión de servizo, a pesar de que se pediu por escrito unha aclaración deste punto e non se contestou.”


“A realidade desta administración, e que as comisións de servizos se provisionan sen cumprir os principios de igualdade, mérito e capacidade, e dicir no se adxudican de forma obxectiva.”


A día de hoxe Función Pública non rectificou por escrito cunha corrección de erros á convocatoria modificando e engadindo a base 4.1 a aclaración: "O traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do/a funcionario/a." tal como estaba no concurso de traslados do ano 2015.