O vindeiro mércores 29 de xaneiro publícanse as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Lembramos que o prazo para solicitar a modificaciń de ámbitos territoriais e a modificación do concello de empadroamento remata o venres 31 de xaneiro e producirá efectos dende o 1 de marzo.

Na vindeira sesión da Comisión de Listas (xoves 30) debatirase, entre outras cuestións, sobre o tratamento que se lle dará ás solicitudes de modificación de ámbitos territoriais, de concello de empadroamento e de actualización de méritos do ano 2019 do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais que solicitaron a inclusión nas listas do 1 de marzo ao 15 de xullo de 2019.

Ata a Comisión de Listas non sabemos que intención teñen de poñer a funcionar as listas de PSX e xeros. O único que nos comunicaron foi que se publicarían as listas definitivas pero como din que os de 0 puntos é por non estar integrados igual non chaman por elas. Ata pasar o xoves 30 non teremos máis información e por tanto temos que agardar para facer reclamacións.