O xoves 30 asistimos á xuntanza convocada polo director xeral de Función Pública para tratar as convocatorias dos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo e outros asuntos.

  • Manteñen que convocan categorías completas, e que se alguén dunha categoría convocada non se atopa no anexo de prazas, pode solicitar participar igualmente e, se é correcto, corrixirán, inclusive publicando unha corrección de erros.
  • As categorías que convocan son as que aparecen nas OEP de 2018 e 2019. As demáis categorías irán en anos posteriores. O persoal que ven de procesos de integración (GAIN, IET, comarcais, axencia humanitaria ..), irán na futura OEP do 2020.
  • Quen non se presente por forza maior, poderá presentarse en convocatorias vindeiras.
  • A batería de preguntas será a publicada no web de Función Pública o día da convocatoria.
  • O primeiro exercicio será no prazo de 2 meses dende a convocatoria.
  • Os destinos serán definitivos no posto ocupado. Quen estea en adscrición provisional ou a dispor, terá destino provisional.
  • Quen tivera cambio de categoría por incapacidade, funcionarizase na categoría actual (definitiva). As cuestións sobre compatibilidade do posto coa incapacidade é asunto da Seguridade Social.
  • Persoal laboral fixo en excedencia por incompatibilidade por ocupar outro temporalmente: di que a normativa obriga a que ten que estar a desempeñar o posto. Por tanto tan só ofrece a solución de que soliciten o reingreso. Alternativamente podería quedar para unha futura funcionarización.

Á xuntanza asistiron representantes de CIG, CCOO, CSIF e UGT.