A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, conxuntamente coa Consellería do Medio Rural, publican no DOG do 11/03/2020 a Orde pola que establecen os elementos identificativos e de uniformidade da escala de axentes forestais, axentes facultativos/as ambientais e axentes técnicos/as en xestión ambiental de Galiza.

Unha semana antes, día 4 de marzo, e como se fose un circo e tomándonos por imbéciles, a conselleira de Medio Ambiente convocounos aos sindicatos ao "acto público de sinatura" que ian facer a conselleira de Medio Ambiente e o conselleiro do Medio Rural para asinar, eles dous, a Orde de uniformidade e identificación de axentes. Vamos, sacar unhas fotos cos sindicatos de fondo.

Non lembramos semellante desfachatez de ningunha consellería anterior de convocarnos a un acto destas características en plena precampaña eleitoral.

Alguén sensato nesa consellería debeu advertirlle que iso podería rematar na Xunta Electoral e finalmente dous días despois nos desconvocaron "por motivos de axenda".

Una pallasada a piques de rematar na Xunta Electoral.