Distintos protocolos e medidas publicadas sobre COVID-19 e que afectan aos empregados da Xunta de Galicia.

No Nº 49-Bis Xoves do  12 de marzo de 2020 publicouse:

Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19.

Medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

INSTRUCIÓN CONXUNTA DO 13 DE MARZO DA DIRECCIÓN XERAL DE AVALIACIÓN E REFORMA ADMINISTRATIVA E DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA PARA A APLICACIÓN DO APARTADO 5 E 8 DO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA O PERSOAL EMPREGADO PÚBLICA DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN RELACIÓN CO CORONAVIRUS COVID-2019

Na páxina de política social publicado:

PROTOCOLO CONXUNTO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E DA CONSELLERÍA DE SANIDADE PARA OS CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS COMO CONSECUENCIA DA SITUACIÓN E EVOLUCIÓN DO CORONAVIRUS (COVID-19)

Na páxina de Educación:

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Información sobre o coronavirus

No caso de dúbidas ou necesidade de información, a Xunta de Galicia ten habilitado o seguinte teléfono gratuíto:

900 400 116

Medidas xerais para protexerse do coronavirus.

As principais medidas para protexerse da infección do virus son as seguintes:

Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar unha solución hidroalcohólica.

Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.

– Ao tusir, cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado.

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo coranovirus son febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea.

Se os síntomas aparecen no seu domicilio, o empregado público porase en contacto co 900 400 116 e non acudirá ao centro de traballo e comunicará á súa unidade esta situación, considerándose a súa ausencia como xustificada.

É obrigatorio que o empregado público traslade ao seu xefe directo as pautas que lle marcasen as autoridades sanitarias co fin de poder adoptar, de ser o caso, medidas preventivas.

Se os síntomas aparecen no posto de traballo, o empregado público deberá informar inmediatamente o seu superior xerárquico e trasladarase inmediatamente a un espazo cerrado (preferiblemente un despacho pechado con ventá) e porase en contacto co 900 400 116 para adoptar as medidas que indiquen as autoridades sanitarias.Información COVID-19