O Gabinete do conselleiro do Medio Rural informounos o mércores 18 de marzo de que o Servizo de incendios da Xunta de Galiza vaise mobilizar para formar parte do sistema de emerxencias de Galicia para loitar contra o COVID-19. Esta información foi corroborada en rolda de prensa polo Presidente da Xunta. 

Asemade, confirman que activarán esta función de apoio cando teñan todas as  garantías para protexer a saúde dos profesionais do servizo. A este persoal facilitaránselle as instrucións e os Equipos de Protección Individual (EPI) precisos.

Na CIG  hai tempo que vimos insistindo en que o SPIF ten a consideración de servizo de emerxencias, adicado principalmente á prevención e extinción de incendios pero que pode realizar outro tipo de tarefas de apoio no ámbito da multiemerxencia. Por iso, o pasado sábado día 14 dende a CIG solicitamos esta activación a través do PLATERGA.

Iremos informando de calquera novidade que vaia xurdindo, estaremos atentos á implantación de todas estas cuestións e por suposto da seguridade do persoal do servizo de incendios.

Para calquera dúbida ou cuestión que consideres non dubides en contactar cos/as delegados/as da CIG.