Desde Función Pública veñen de comunicar unhas instrucións sobre as situacións en que quedarían as Comisións de servizos e adscripcións temporais que rematen en tanto siga o estado de alarma decretado a causa do COVID-19.

COMISIÓNS DE SERVIZO:
- Aquelas que rematen os dous anos durante o estado de alarma e non estean afectadas polo concurso xeral, prorrogaranse excepcionalmente por 3 meses máis dende o seu remate.
- As comisións de servizo que rematen os dous anos e estean afectadas polo concurso xeral, vanse prorrogar nos mesmos termos que até agora e ata a resolución do concurso de traslados.
- Non se tramitarán novas comisións de servizos mentres dure o estado de alarma, agás que situacións excepcionais impliquen algún tipo de cese ou cobertura de servizos esenciais que teñan que ser tramitadas de inmediato.
- O resto das comisións de servizo van seguir facéndose polo seu cauce habitual.

ADSCRICIÓNS TEMPORAIS:
- As adscricións temporais que rematen os dous anos vanse prorrogar por 3 meses máis dende o seu remate.
- Cando se trate de novas adscricións temporais, non se farán, agás circunstancias excepcionais que impliquen algún tipo de cese ou cobertura de servizos esenciais e que teñan que ser tramitadas de xeito inmediato.
- O resto das adcricións temporais seguiran facéndose polo seu cauce habitual.

ADSCRICIÓNS A POSTOS DE SUPERIORES CATEGORIAS:
Os órganos competentes de cada consellaría son autorizados para prorrogar as adscricións para facer funcións de superior categoría que rematen durante o estado de alarma, se afecten a funcións consideradas esenciais que deban prestarse de forma presencial nos lugares de traballo.

Dende a CIG Autonómica apoiamos estas medidas extraordinarias dada  a situación excepcional, pero recordamos que a cobertura das comisións de servizo debe regularse dunha santa vez cun sistema xusto e obxectivo.