Novas por contido

Ante a situación das residencias de maiores da Xunta e a nova normativa do goberno central na que se difumina a diferencia entre as residencias publicas e privadas, aparecen os novos centros integrados que son residencias nas que as persoas residentes son exclusivamente infectadas de coronavirus e o persoal é indistintamente de empresas privadas e da Xunta, tanto de residencias como doutros centros de Política Social e de Educación. Para a CIG é vital e de xustiza ter un cadro de reivindicacións comúns onde a seguridade e saúde laboral e a salvagarda das persoas residentes e o noso maior valor.

1. Centros para persoas residentes infectadas adecuados con criterios sanitarios. Propoñemos habilitar instalacións hospitalarias privadas ou en desuso na vez de residencias non adaptadas ou precarias sen os adecuados sistemas médicos para o tratamento das persoas maiores enfermas de coronavirus. 

2. Mobilidade voluntaria e compensada (desprazamentos e custes de aloxamento e manutención que se deben ampliar para o tempo en confinamento posterior a quenda de traballo) en coherencia coa orde do goberno publicada no BOE do 28 de marzo, Orden SND/295/2020, de 26 de marzo, por la que se adoptan medidas en materia de recursos humanos en el ámbito de los servicios sociales ante la situación de crisis ocasionada por el COVID-19. Na que di “...Asimismo, se podrán adoptar medidas de reasignación de efectivos y cambios de centro de trabajo siempre que no comporten la movilidad geográfica del trabajador o trabajadora…”.

3. Realización urxente de TEST para detectar a infección de COVID 19 a todo o persoal traballador e residente das residencias de maiores (públicas e privadas). Ao remate da semana intensiva de traballo realizarase test de novo para excluír a infección e evitar o confinamento.

4. Protocolos de seguridade e saúde laboral en base a un Plan de prevención actualizado e aprobado por centro de traballo cos criterios de protección e hixiene para o persoal de Sanidade dos centros hospitalarios públicos que garantan a integridade das persoas traballadoras. Este plan de prevención contará coa adecuada formación e información ao persoal traballador.

5. Na liña dos puntos 3 e 4, o Equipo de Protección Individual (EPI) e as medidas de hixiene teñen que ser as máximas para tódalas residencias (aínda que non haxa positivos confirmados) mentres non se descarte a infección polos test actuando co principio de precaución co fin de paliar o caos anterior na toma de medidas preventivas.

6. Equiparación salarial co V Convenio Único do Persoal Laboral da Xunta de Galiza (V CCUXG) cos pluses correspondentes as tarefas e funcións que efectivamente se realizan. Especificamente nos centros integrados e outros con persoal infectado deberan aplicarse os tres correspondentes (penosidade, toxicidade, perigosidade) e o de especial responsabilidiade. Esto é con independencia da titularidade do centro no que se está traballando. Para os efectos de dereitos salariais, de descansos e xornada e outros dereitos laborais solicitamos que o convenio de referencia do persoal da empresa privada dende o 28 de marzo logo da Orde gobernativa, sexa tamén o V CCUXG.

7. Definir a nivel xeral que facer perante a situación persoal de empregados/as especialmente sensibles polas súas condicións de saúde, lactancia ou menores e maiores a cargo para tódolos centros residenciais de maiores (aparece no plan de prevención para centros integrados con persoas infectadas de COVID 19 que deberan tramitar a baixa por IT co servizo de prevención).-Embarazo xa esta excluído na Orde-

8. Calendario de quendas (previo ao comezo da actividade) con xornada máxima e descansos definidos (semanais). Rexeitamos o confinamento obrigatorio mentres non sexa un criterio establecido a nivel sanitario (e se este a dar tamén no persoal sanitario) e solicitamos a nulidade de requirimentos deste tipo.

9. Negociar as compensacións en tempo de traballo ao exceso das quendas e ao confinamento se o houbese de forma que o tempo investido sexa considerado tempo de traballo a tódolos efectos (incluídos compensatorios) que serán compensados logo do remate do estado de emerxencia sanitaria. Para estes efectos acordarase a eliminación das suspensión do artigo 19.

10. Recuperar a negociación colectiva no ámbito da mesa xeral de empregados públicos, comités de empresa e comité intercentros, cadanseu no seu ámbito, e activar o funcionamento dos comités de seguridade e saúde laboral. Xa que non é posible as reunións presenciais artellar unha canle de proposta e achegas e de comunicación telemática. Dende a nosa organización sindical esforzarémonos o funcionamento áxil das cuestións urxentes que o requiran acurtando os prazos de convocatoria e resposta.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...