As denuncias presentadas pola CIG ante a fiscalía, inspección de traballo, Subdelegación do Goberno, Sanidade, así como as notas de prensa e a presión social, están a facer efecto.

A nós non nos chega con que o demandado sexa unicamente obxecto de reflexión. Teñen que tomar medidas e tomalas xa. A saúde dos usuarios e traballadoras das residencias está en xogo.

A golpe de denuncia rectifican, pero non é dabondo e así llo esiximos o 02/04/2020 nunha videoconferencia mantida coa secretaria xeral técnica de Política Social, responsábeis de persoal desa consellería e o Servizo de Prevención. Esta é a primeira reunión a pesar de tela solicitado en multitude de ocasións e ter denunciado a imposición unilateral de condicións de traballo e os traslados polo que solicitamos no seu momento o cese dos responsables, esixencia que segue vixente.

Dende a CIG queremos aportar propostas concretas de mellora e denunciar a falta de medios preventivos e test.

1. Os centros integrados (para maiores e dependentes infectados) teñen que ser centros hospitalarios con equipos médicos non pseudoresidencias. Que non habiliten mais chiringuitos e sexan responsables coa saúde das persoas residentes.

2. Hai que retirar os requirimentos de mobilidade obrigatoria por parte da consellería e do do Consorcio. Defenden que é legal e que é a única forma de conseguir cubrir o traballo. Dende a CIG deixamos constancia que non pode haber voluntariedade se non hai información, e que si o persoal sabe que medidas de protección vai haber e cales van ser as condicións laborais si habería voluntarios/as. Reiteramos o noso rexeitamento á imposición.

3. Pedimos que haxa unha instrución aclaratoria ao persoal e as direccións dos centros para a tramitación da baixa por continxencias profesionais no caso do persoal sensible. En ningún caso poden os informes médicos confidenciais ter difusión. Comprometéronse a facelo.

4. Solicitamos que as direccións dos centros compartan a responsabilidade co persoal médico na información e toma de medidas de prevención. Hai direccións moi pouco preparadas (e algunhas teletraballando) e se necesita un procedemento de control real para que as medidas previstas non queden sobre o papel e tratar de parar o CAOS.

5. Reiteramos a necesidade de EPIS completos para COVID para todo o persoal (escenario de máxima protección) ata que non haxa resultado negativo de TEST (persoal e usuarios). Dixeron que había medios e que tiñan un centro loxístico pero non aclararon se o van facer. Afirman que comezaron onte cos test en residencias e que pensaban facelo en todas (nos pedímolos hai 10 días ante a falla de medidas).

6. Nos centros integrados onde se traballan 7 días consecutivos esiximos que fagan o test as traballadoras ao rematar. Denunciamos a falta de control e explicacións de como facer cada tarefa (mais que unha xeral ao entrar), amontoamento nas duchas de saída e entrada (o que fai mais probable a contaminación) e que non se lle dan EPIS para os 7 días de confinamento na casa ou hotel, etc.

7. Esiximos a negociación colectiva das condicións de traballo, e non impoñelas ao bruto. Aseguraron que o persoal do Consorcio e Educación que se esta a chamar ía recibir pluses e salario como PS.

COA SAÚDE NON SE XOGA!!