Na CIG levamos varios días solicitando que a Consellería do Medio Rural, facilite unha solución ao persoal do SPIF especialmente sensíbel á exposición ao SARS-CoV-2 debido a patoloxías crónicas específicas

Este persoal recibiu un aviso por parte das xefaturas de distrito de que debía incorporarse ao servizo. O xeito de proceder descrito supón un cambio con respecto á anterior actuación para a protección do persoal especialmente sensíbel, polo que na CIG, solicitamos unha aclaración de cal era o motivo deste cambio de criterio e que este persoal permanacerá nos seus domicilios namentres (tal e como se viña facendo).A única alternativa que se lles facilitou aos traballadores e traballadoras afectados foi solicitar unha baixa médica.

O persoal facultativo do SERGAS non expide estas baixas se non se segue o procedemento establecido no documento do Ministerio de Sanidade PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN PARA OS SERVIZOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS FRONTE Á EXPOSICIÓN AO SARS-CoV-2 (e as súas actualizacións) que é de obrigado cumprimento. Neste documento, establecese que serán os médicos do SPS os que emitan os partes de baixa e alta en tódolos casos de afectación por coronavirus(tanto nas situacións de illamento coma de enfermidade), pero que será o correspondente servizo sanitario do servizo de prevención de riscos laborais ,o que teña que elaborar o informe para acreditar a indicación de incapacidade temporal(de ser precisa esta indicación).

Por iso, na CIG solicitamos que se garanta a correcta protección fronte á exposición ao SARs‐CoV‐2 de todo o persoal do SPIF, e especialmente a das traballadoras e traballadores especialmente sensíbeis por padecer patoloxías crónicas. Asemade, que mentres non se resolva o cumprimento do trámite do informe por parte do servizo sanitario do Servizo de prevención de riscos laborais, este persoal especialmente sensíbel continúe sen prestar servizo presencial.

Servizos públicos sí, seguridade e protección dos traballadores e traballadoras tamén!