Segue o descontrol de Politica Social nas súas residencias de maiores: a consellería non aprende e repite o caos da xestión do resto das residencias.

A Xunta xestiona a residencia de “Nuestra señora de Fátima”, ante a centena de persoas infectadas confirmadas, enviando ao persoal sen formacion preventiva, sen EPIS adecuados e un plan de prevención de riscos laborais que os protexa fronte o COVID 19.

A CIG tivo coñecemento polos medios de comunicación e as traballadoras as que están requirindo para traballar nesta residencia privada de O Barco de Valdeorras. En ningún momento se informou por parte da Consellería de Politica Social e a situación é insostible polo que vimos de solicitar con urxencia:

  1. Plan de acción preventivo de COVID 19 para esta residencia coa distribución de espazos e protocolo preventivo por tarefas, formacion e EPIS axeitados.
  2. Negociacion das condicións laborais do persoal, con especificación de horarios, xornada, quendas e descanso semanal. No caso de facer quendas intensivas tempo de descanso por xornada, confinamento e descanso compensatorio ao remate alarma sanitaria.
  3. Informacion do persoal chamado con especificacion de tarefas e categorías e titulación. Propoñemos as persoas que non teñan titulación se deriven cara a outros centros para tarefas asistenciais sen caracter clínico.
  4. Solicitamos o criterio de proximidade xeográfica.
  5. Que se oferte un aloxamento apropiado para o persoal con garantía de seguridade.

Por outra banda tamén presentamos queixa pola xestión doutras residencias integradas na dos Milagres en Baños de Molgas e Porta do Camiño en Compostela.

Siguen sen facerse Test para detectar o COVID 19 tal e como asegurou a consellería que ía facer e tamen como lles requiriu a Inspección de Traballo e Seguridade Social grazas á denuncia da CIG.

Denunciamos a baixa calidade de EPIS, con batas que se rompen, e máscaras insuficientes para unha xornada. Chégase incluso a entregar calidades diferentes entre o persoal sanitario e xerocultor.