Novas por contido

Tralo requirimento da Inspección de Traballo de Pontevedra por mor  dunha denuncia da CIG, o CECOP corrixíu o procedemento de recoñecemento do persoal especialmente sensible. 

O 19 de maio publicouse no DOG o acordo do CECOP polo que se modifica a guía da actuación preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para todo o persoal, o que na práctica, supón que sexa o o Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) da Xunta o único competente para avaliar a presenza de persoal traballador especialmente sensible en relación á infección de coronavirus SARS‐CoV‐2, establecer a natureza de especial sensibilidade da persoa traballadora e emitir informe sobre as medidas de prevención, adaptación e protección.

Previamente, con data de 8 de abril de 2020 a CIG denunciou perante a Inspección de Traballo da provincia de Pontevedra á Consellería de Medio Rural polo procedemento establecido para o recoñecemento do persoal vulnerable coma persoal especialmente sensible (embarazadas, persoas con diabete, enfermidade cardiovascular incluída hipertensión, enfermidade hepática crónica, enfermidade pulmonar crónica, enfermidade renal crónica, inmunodeficienca ou cancro en fase de tratamento activo). Antes de chegar a denunciar, dende a CIG criticaramos e solicitaramos a modificación do prodedemento da Xunta, que aumentaba a burocracia, plantexaba dúbidas da protección dos datos médicos e obrigaba ao persoal a traballar con risco mentras se tramitaba a solicitude.

O 11 de maio, a Inspección de Traballo de Pontevedra emitiu un requirimento dirixido á Consellería do Medio Rural no que se establecía que “en orden ao cumprimento do protocolo establecido no PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN PARA OS SERVIZOS DE PREVENCIÓN DE RISCO LABORAIS FRENTE Á EXPOSICIÓN AO SARS-CoV-2 (actualización de data de 30 de abril), considerando a incorrecta praxe levada a cabo pola Consellería en relación aos feitos expostos na súa denuncia e que se concretan no primeiro parágrafo-páxina 5 do presente informe. En particular, a Consellería deberá axustar a súa actuación ao establecido no primeiro parágrafo do  PROCEDEMENTO DE ACTUACION PARA OS SERVIZOS DE PREVENCION DE RISCO LABORAIS FRENTE A EXPOSICION AO SARS-CoV-2, pois enténdese que os pasos determinados na súa guía para determinar a especial sensibilidade dos traballadores dilata no tempo o procedemento e podería poñer en perigo ao persoal que durante a tramitación debe incorporarse ao posto”. Por mor deste requírimento, na xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Medio Rural, a CIG voltou a solicitar que se cumprira co requirido pola Inspección de Traballo e tamén que o persoal vulnerable non se incorporara ao posto de traballo ata que a súa solicitude se resolvera. 

Tras esta corrección, o procedemento establecido para o recoñecemento como persoal sensible iniciarase cunha solicitude directa do/da traballador/a ao SPRL, solicitude que pode remitirse ao email prevencion.riscos.laborais@xunta.gal. Nesa solicitude teñen que constar os seguintes datos:

  • Nome, apelidos e DI do/a traballadora/a solicitante.
  • Data de nacemento.
  • Número de teléfono e/ou email de contacto.
  • Centro de Traballo.
  • Posto de traballo.

A persoa solicitante non terá que facer ningún trámite máis ata que o/a médico/a especialista en medicina do traballo lle solicite a documentación acreditativa da súa situación que resulte procedente. 

Se tes calquera dúbida podes contactar coa CIG ou chamar ao teléfono do SPRL: 981 544 900

Servizo Público SI, Seguridade TAMÉN

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...